Espectáculo de monicreques este sábado en Cabanas para celebrar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas conmemorará este sábado, 20 de novembro, o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, coa representación da obra de monicreques “Camiños de aventura”, da compañía “Títeres Cachirulo”.

Será no Salón de Plenos da Casa do Concello ás 12.00h, con entrada libre até completar aforo. As persoas interesadas en ter máis información poden dirixirse ao correo normalizacion@cabanas.gal ou ao teléfono 649 075 263.

“Camiños de aventura” é un espectáculo dirixido a un público infantil e familiar, que conta a historia de cando nun lugar do Camiño de Santiago Gaiferos se atopou co Demo, que o desafiou ao xogo da Oca.

A actividade está promovida pola Rede de Dinamización Lingüística da que o Concello de Cabanas forma parte.

Share.

Comments are closed.