O Concello de Cabanas acolleu este venres a cerimonia de entrega de premios do III Certame de Poesía, na que recolleu o seu galardón Ana Belén Fernández, de 45 anos e veciña de Mondariz, autora da obra “Augas rescatadas”.

O xurado do III Certame de Poesía, formado polos autores Andrés Martínez Riveira e Ana Belén Varela Miño, xunto coa concelleira de normalización lingüística Paula González, coincidiron en premiar esta obra.
Ana Belén Varela sinalou que o texto “nos leva da man, invitándonos a atravesar un río de afogamentos inacabados cheo de imaxes limpas e potentes”, mentres que Andrés Martínez destacou que “a
evocación dunha paisaxe familiar sérvelle á poeta para levarnos da man a través dos anos nun paso da inocencia infantil á progresiva toma de conciencia”.
No acto de entrega participaron, ademais dos autores membros do xurado, o alcalde Carlos Ladra e a concelleira Paula González. O Certame contou coa subvención da Xunta de Galiza.
Logo da entrega de premios, o dúo formado por Cristian Leggiero e Paty Lesta puxeron a nota musical á xornada, cun concerto homenaxeou á música tradicional galega.
