Encontro con Eva Loureiro no Club de Lectura de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas celebrou o pasado venres o encotnro mensual do Club de Lectura impulsado pola área de cultura, o cal contou coa presenza da autora Eva Loureiro Vilarelhe, autora do libro Los gatos no tienen casa, que foi obxecto de lectura durante o mes de marzo.

Eva Loureiro Vilarelhe (Ferrol, 1976), é filóloga portuguesa de formación e especialista en teoría da literatura e literatura comparada. Deuse a coñecer como escritora ao publicar unha triloxía de novelas sobre unha saga familiar, e colabora mensualmente na emisora de COPE Ferrol facendo reseñas de libros, ademais de dar a coñecer a súa faceta de poeta na súa lingua materna a través do seu su blog personal Gleaming Stars. A finais do ano 2021 viu á luz a súa cuarta novela, na que trata o tema da inmigración ilegal de menores.

Na súa bibliografía atopamos a trioloxía de novelas formada por Predestinados (2016), Cuando las nubes están rosas, es que va a llover (2017) e ¿Cuál es tu sueño? (2018), na editorial Caligrama; ademais de Los gatos no tienen casa (2021), publicado por Ediciones Eolas.

Despois de comentar con Eva Loureiro Vilarelhe distintos aspectos do libro e dos seus protagonistas coas persoas que participan no Club de Lectura, a xornada rematou coa sinatura dos seus exemplares.

Desde a Concellaría de Cultura do Concello de Cabanas quérese expresar o seu máis sincero agradecemento por participar no Club de Lectura e animamos á xente a unirse en calquera momento ao Club de Lectura; só terán que poñerse en contacto co Departamento de Cultura ben por teléfono: 981 49 59 59, ext.3 ou ben por correo electrónico na seguinte dirección: cultura@cabanas.gal

Share.

Comments are closed.