“Dúas nenas moi valentes”, sesión de contacontos infantil este sábado en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas organiza para este sábado 11 de decembro a sesión de contacontos infantil “Dúas nenas moi valentes”, unha obra de Trémola Teatro. Será ás 12h no Salón de Plenos, con entrada libre até completar o aforo.

“Dúas nenas moi valentes” está dirixido ao público infantil, a partir dos 3 anos, e conta a historia de dúas nenas que nunha noite de festa de pixamas descobren un libro segredo cheo de historias fascinantes con mulleres como protagonistas.

Esta actividade está incorporada na campaña do 25N do Concello de Cabanas, que persegue o cambio de valores para o fomento dunha sociedade igualitaria inclusiva e diversa, e conta con financiamento da Deputación da Coruña, dentro do plan de igualdade.

Share.

Comments are closed.