Dous novos roubos de cable en Cabanas suman un importe de 10.000 euros en danos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas denuncia dous novos roubos de cable do alumeado público sufridos nos últimos días, afectando ás inmediacións da rotonda de acceso á autoestrada AP9 e ao entorno de Lavandeira, e cuxos danos ascenden a 10.000 euros.

Estes dous novos roubos súmanse aos outros dous sufridos polo Concello nos últimos meses no Paseo Marítimo da Madalena, onde se viron afectados 1800 metros de cable.

Desde o Concello xa se presentaron as correspondentes denuncias, e as forzas de seguridade xa están a facer as correspondentes investigacións para tratar de dar coas persoas responsábeis. Así mesmo, estase a traballar para restablecer o servizo canto antes.

O Concello de Cabanas prepara tamén un escrito dirixido á Delegación do Goberno para demandar maior presenza policial para evitar este tipo de sucesos, ao tempo que fai un chamamento á colaboración veciñal para denunciar inmediatamente calquera movemento sospeitoso que se puidera detectar.

Share.

Comments are closed.