Declaración institucional do Concello de Cabanas polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas, có ánimo de poñer o foco na violencia que se viña exercendo contra as mulleres, en 1999 decidiu declarar o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres no que se nos recorda a necesaria concienciación e sensibilización. A violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións máis xeneralizadas dos dereitos humanos, tal e como recoñece a ONU. É máis, sinala que a violencia de xénero prodúcese cada día en todos os recunchos do planeta e ten graves consecuencias físicas, psicolóxicas e económicas sobre as mulleres e as nenas, ao impedirlles participar plenamente e en pé de igualdade na sociedade.

A violencia machista segue forte na nosa sociedade, como mostra da vixencia do sistema patriarcal. Violencia por parte de parellas e ex-parellas, violencia sexual, matrimonios forzados, mutilación xenital feminina. Trata con fins de explotación sexual, acoso sexual, violencia psicolóxica, de control, económica… Son algunhas das manifestacións da violencia que se exerce sobre as mulleres polo simple feito de selo. Proba disto son, por exemplo, os datos recentes dados a coñecer a mediados de outubro por parte do Observatorio do Consello Xeral do Poder Xudicial que indicaba que os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre de 2022 ata 1.813 denuncias por violencia machista, un 9,9% máis que no mesmo período de 2021. Segundo datos do “Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero”, os xulgados galegos en 2021 recibiron 6.259 denuncias por violencia de xénero, un 2,7 % máis que en 2020. No E o estado español 4,2% das mulleres sufre violencia por parte das súas parellas ou ex-parellas.

Temos diante una realidade innegable que fai que todas e todos precisemos manter unha acción firme para a erradicación de la violencia contra as mulleres e  das actitudes sociais que a toleran, xustifícana o incluso banalízana. Debemos intensificar esforzos para combater o machismo e condenar todas as actitudes, prácticas e condutas que consenten e reproducen las violencias machistas, nun contexto onde, ademais, medran os discursos misóxinos que cuestionan a desigualdade e a violencia machista. Porque non podemos resignarnos a normalizar a violencia contra as mulleres, e moito menos permitir que as mensaxes negacionistas, que rompen o consenso social e político existente, que empoderan aos agresores e revictimizan ás mulleres, nos fagan retroceder décadas de progreso na loita contra o problema que supón unha das máis profundas vulneracións de dereitos humanos nas sociedades actuais. Compre que as administracións revaliden o seu compromiso có impulso e o apoio económico das medidas en materia de fomento da igualdade e loita contra estas violencias.

Ademais da preocupación pola vixencia da violencia machista, o contexto de 2022 engade a incerteza dunha situación económica na que a escalada de prezos que se vive desde hai máis dun ano impacta con virulencia nas mulleres, afondando na desigualdade.

Galiza conta con instrumentos lexislativos como a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que está a avanzar no recoñecemento doutro tipo de violencias, como é a violencia vicaria e a violencia dixital, a que se sumará o recoñecemento expreso da explotación sexual como violencia de xénero. Somos exemplo de importantes avances institucionais, como o recoñecemento da violencia vicaria como violencia machista, e de importantes mobilizacións, como amosa a cada vez maior resposta aos feminicidios en convocatorias e asistencia, ou as históricas manifestacións dos 8 de marzo. Porén, aínda que temos avanzado, queda moito por acadar e estamos nun momento histórico de ameazas de retroceso en materia de igualdade.

É imprescindible continuar o traballo de forma coordinada, rachando co silencio e apostando pola sensibilización da sociedade e a prevención, desenvolvendo accións dirixidas a sensibilizar ao conxunto da sociedade sobre os danos provocados pola desigualdade e as condutas violentas, axudando á toma de conciencia sobre a magnitude da violencia contra as mulleres e as consecuencias que ten nas súas vidas e nas das súas fillas e fillos. Se ben é certo que temos dado pasos adiante como sociedade na visibilización das violencias machistas, fica moito por facer. É clave aumentar os recursos dispoñíbeis e tamén que todas e todos nos centremos en que se identifiquen todo tipo de violencias machistas. É necesario fortalecer un instrumento como os CIM, para garantir a igualdade de opcións e trato das galegas ao longo do territorio, para avanzar na profesionalización e na mellora da prevención, a atención e a prevención.

Por todo o exposto, dende o Concello de Cabanas queremos:

  • Amosar o apoio da corporación municipal ás mobilizacións feministas convocadas ao abeiro do 25 de novembro de 2022 contra a violencia machista.
  • Facer un pronunciamento público de que rexeitamos de maneira expresa e clara calquera acto de violencia contra as mulleres no marco do fomento dunha cultura da igualdade e do respecto á diversidade. Desde esta institución comprometémonos a traballar en incorporar a perspectiva de xénero de forma integral en todas as decisións que se adopten. Colaboraremos activamente na creación e dotación de medios dunha rede de entidades sensíbeis e comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, fomentando a creación de sinerxías entre elas, co propio Concello, e coa sociedade no seu conxunto.
  • Impulsar e apoiar a creación e continuidade de asociacións de mulleres como espazo de participación e empoderamento feminino e ás mulleres en risco de vulnerabilidade ou violencia de xénero.
  • Demandar da Xunta de Galiza o incremento dos recursos económicos destinados especificamente a loitar contra a violencia de xénero do proxecto de orzamentos de 2023 de forma que se sitúen, como mínimo, no 1% do total e así dotar de suficientes recursos para que se rectifique a liña de incumprimento da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Instar á mellora da coordinación continua entre os diversos axentes sociais implicados en evitar a violencia contra as mulleres. Debemos mellorar a resposta institucional a tódolos niveis evitando o risco de vitimización secundaria e mellorando a confianza das mulleres vítimas de violencia de xénero no sistema.
  • Demandar o emprego de tódolos recursos dispoñibles para a asistencia, axuda e protección das vítimas e das súas crianzas e por iso cremos moi precisa a aprobación dun programa de ampliación e extensión dos CIM xa que os concellos somos na maioría dos casos o primeiro, é ás veces o único recurso do que dispoñen as mulleres na búsqueda de denuncia sobre a violencia que sofren. Tamén, reforzar o financiamento anual dos CIM garantindo que cubra os custes de persoal e de mantemento, levar a cabo programas de prevención da violencia machista e de promoción da igualdade e incorporar novos perfís profesionais aos centros.

Cabanas, 25 de novembro de 2022.

Share.

Comments are closed.