sábado, noviembre 2

De Vacas e Gramola Gominola, protagonistas da primeira xornada de Santa Marta 2022

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas inicia este venres, 29 de xullo, a programación das Festas de Santa Marta, cunha primeira xornada na que a tarde está pensada para as crianzas e a noite para desfrutar en familia.

A versión infantil das Festas, Santa Marta Pequena, iniciarase coa actuación de A Eira do Paporrubio ás 16.30 horas no antigo campo de fútbol, para a continuación deixar paso a Brais das Horas, ás 18.30h no Parque do Areal, co seu “Concertaso na horta”. Por último,  A Gramola Gominola cantará “As que máis molan da Gramola” a partir das 20 horas no escenario principal, baixo a carpa.

Xa pola noite será o grupo De Vacas quen, e partir das 22.30h, poñan o colofón á primeira xornada festiva co seu “Tour Vacanal”. O cuarteto está formado polas vocalistas Inés Salvado (a Marela), Faia Díaz (a Pinta) e Paula Romero (a Morena), xunto co guitarrista Guillerme Fernández (a Rubia), e realiza versións en galego de temas comerciais, mudando a letra e dándolle un formato retranqueiro e divertido.

A concelleira de cultura, Diana Rodríguez, valorou unha programación “plural, con opcións para todos os gustos musicais e todas as idades”, destacando a aposta por Santa Marta Pequena, unha xornada “na que as crianzas e as súas familias son as protagonistas”.

Programación da fin de semana

A programación do sábado 30 de xullo inclúe unha sensión vermú ás 13.30h con Vand 4, e xa pola noite decorrerán as actuacións de Mekanika Rolling Band ás 21.00h e Os Mecánicos na Movida dos 80 ás 23.00h.

Finalmente, o domingo 31 de xullo ao mediodía celebrarase unha nova sesión vermú ás 13.30h coa actuación de Bitch Boys, e a partir das 19.00h celebrarase a segunda edición da Troula da Verba, un festival impulsado por Lúa Vila e Marcos Filgueiras no que a palabra é a protagonista, e que inclúe ámbitos como a poesía (coa presenza das poetisas Alejandra Bellón, Carmen Martínez e Eva Veiga), a narrativa (Uxía Castro e Roque Sanfiz), a narrativa (José Fonte Sardiña e Juan José Lada Vilariño) e a música (coas actuacións de Guti GZ, César Morán, Isma Taboada).

Todas as actuacións son de acceso libre, e parte delas pertencen á Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Ademais, entre o venres 29 e o domingo 31 de agosto, en horario de 11 a 21 horas, celebrarase ao longo de todo o Paseo da Madalena a Feira de Santa Marta, con máis dun cento de postos nos que destaca a presenza da artesanía e a alimentación, mais nos que tamén haberá espazo para outros elementos.

Share.

.