Sábado, Xullo 31

Curso para a obtención do certificado de profesionalidade de socorrismo en medios acuáticos naturais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol vén de convocar un curso para a obtención do Certificado de profesionalidade de socorrismo en medios acuáticos naturais, do cal se pode beneficiar a veciñanza de Cabanas, e para cal fica aberto o prazo de inscrición.

O curso está financiado pola Deputación da Coruña e consta de 340 horas formativas e 80 horas de prácticas profesionais non laborais, e será impartido pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), centro acreditado pola Xunta para impartir este tipo de ensinanzas.

Para poder acceder a dito curso é necesario ter 16 ou máis anos, contar co certificado de educación secundaria obrigatoria, estar empadroado nun concello pertencente ao xeodestino Ferrolterra – Rías Altas (entre os que se atopa Cabanas) e superar unha proba específica de acceso.

As persoas interesadas deben presentar a instancia no rexistro electrónico da Mancomunidade (mancomunidade@ferrol.es) antes do 5 de xullo.

Ligazón | Bases e instancia

Share.

Comments are closed.