O Concello de Cabanas informa da celebración dun curso en liña sobre o Alzheimer e outras demencias organizado por AFAL e dirixido a familiares e persoas coidadoras non profesionais. Celebrarase entre os días 3 e 7 de maio, en horario de 12 a 13 horas.
Trátase dun curso gratuíto, ao finalizar o cal se ofrecerá un certificado do mesmo. Para poder participar é preciso inscribirse previamente a través do correo electrónico afalferrolterra@afalferrolterra.com ou no teléfono 981370692.
Descarga | Programa do curso