Curso de novas tecnoloxías para maiores de 50 anos en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas anuncia a posta en marcha dun curso de manexo en novas tecnoloxías, dirixido ás veciñas e veciños maiores de 50 anos. Está previsto que se celebre todos os luns, entre o 20 de marzo e o 26 de xuño (coa excepción de semana santa), en horario de 18.30 a 20.00 horas, na aula de informática do antigo Concello.

O curso servirá para que as persoas participantes adquiran coñecementos no manexo da navegación web, o uso do correo electrónico, as suites ofimáticas Google Drive e Office, WhatsApp e outros trámites e axustes básicos.

As persoas interesadas poden inscribirse chamando á area de cultura no 981 495 959 (extensión 3) ou no enviando un correo cultura@cabanas.gal

Share.

Comments are closed.