Sábado, Abril 20

Curso de novas tecnoloxías con emprego simultáneo de ordenador e móbil

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de cultura, oferta un curso de novas tecnoloxías orientado a diminuír a fenda dixital na poboación adulta, así como para achegar as novas tecnoloxías á súa veciñanza.

A través deste curso ofertaránselle á poboación adulta as ferramentas necesarias para que, de forma autónoma, poidan realizar os distintos trámites administrativos, tanto co ordenador como co teléfono móbil. Trátase de adquirir unha competencias dixitais necesarias, sobre todo tras a pandemia da COVID-19, que aumentou a necesidade de realizar trámites de maneira telemática.

O temario abranguerá temas desde os axustes básicos e conceptos xerais sobre o sistema operativo, até a xestión de trámites coa administración, o uso do correo electrónico, as redes sociais ou a banca móbil, entre outros.

O curso, de carácter gratuíto, terá unha duración total de 9 horas, repartidos en sesións dunha hora e media cada unha. En total realizaranse 6 sesións, as cales terán lugar os venres 13, 20 e 27 de maio, e 3, 10 e 17 de xuño de 2022, na aula de informática da antiga Casa do Concello.

As persoas interesadas en participar deberán escribir un correo electrónico a cultura@cabanas.gal indicando nome e apelidos, DNI e número de teléfono. As prazas están limitadas a 10, polo que estas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición. O prazo para anotarse rematará o vindeiro mércores, 11 de maio.

 

Share.

Comments are closed.