Curso de impresión 3D e modelado en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de xuventude, organiza un curso intensivo de impresión 3D e modelado destinado a persoas entre 12 e 21 anos. Será os días 3, 4 e 5 de abril no Apeadoiro do Areal, en horario de 10.30 a 13.30 horas.

Neste obradoiro a rapazada aprenderá ás nocións básicas de impresión 3D que lles permitirán manexar e manter unha impresora, así como os coñecementos necesarios de deseño para preparar os modelos de maneira óptima para a súa impresión. Un obradoiro totalmente presencial e práctico, con impresora 3d para dominar esta tecnoloxía.

As persoas interesadas poden inscribirse escribindo a xuventude@cabanas.gal ou no teléfono 981 495 959 (ext. 6). Cada participante levará a súa casa o modelo que elixa feito por ela mesma.

Share.

Comments are closed.