Martes, Novembro 30

Corte programado do tráfico na estrada DP-1502 (Avenida Barreiro – Val) á altura dos Anidos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa dun corte programado no tráfico que afectará á estrada DP-1502 (Avenida Barreiro – Val) á altura da entidade dos Anidos que terá lugar o próximo xoves, 18 de novembro, por labores de mantemento dependentes da Deputación da Coruña.

Desde o Concello cordinouse para garantir o paso do transporte escolar nos horarios de entrada e saída do CEIP Eladia Mariño, quedando totalmente pechada ao tráfico no resto de momentos, o que se pon en coñecemento da veciñanza que puidera verse afectada por ditos traballos.

Imaxe: Google Maps

Share.

Comments are closed.