Xoves, Outubro 10

Convocatoria para a selección e contratación do persoal directivo, docente e de apoio do Obradoiro Dual de Emprego “Ártabroemprende II”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da convocatoria para a selección e contratación de persoal directo, docente e de apoio do obradoiro dual de emprego “ÁrtabroEmprende II”. No concreto, ofértanse as seguintes prazas, nas que se requiren, entre outras cuestións, as titulacións indicadas.

  • Director/a.
    • Titulación universitaria de grao, diplomatura, licenciatura, enxeñaría ou equivalente.
    • Permiso de conducir B
  • Mestre/a para a especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.
    • Titulación: o establecido no RD 1375/2008, de 1 de agosto.
    • Experiencia profesional e docente.
    • Permiso de conducir B
  • Mestre/a para a especialidade de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais.
    • Titulación: o establecido no RD 720/2011, de 7 de maio.
    • Experiencia profesional e docente.
    • Permiso de conducir B
  • Mentre/a de formación complementaria (titoría e formación básica).
    • Titulación universitaria de grao, diplomatura, licenciatura, enxeñaría ou equivalente.
    • Experiencia docente.
  • Mestre/a de formación complementaria (xestión empresarial).
    • Titulación universitaria de grao, diplomatura, licenciatura, enxeñaría ou equivalente.
    • Experiencia docente.
  • Administrativo/a.
    • Titulación en bacharelato, técnico ou equivalente.

O prazo de presentación de candidaturas é de 3 días naturais, contados a partir da súa publicación no BOP (27/09/2021). As instancias deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Miño, na súa Sede Electrónica ou por calquera das formas preevistas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Descarga | Bases docentes | Bases alumnado

Share.

Comments are closed.