Convocatoria de pleno ordinario 31/03/2021

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Convocada sesión ordinaria do Pleno da Corporación a realizar o mércores 31 de marzo ás 19.30h de maneira telemática.

Contará coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
  2. Proposta de aprobación do Convenio de Colaboración entre os Concellos de Fene, Cabanas e Ares para a xestión compartida do Punto Limpo de Vilar do Colo.
  3. Proposta de aprobación do Regulamento de Identidade Visual Corporativa.
  4. Expediente de contratación do servizo de axuda no fogar do Concello de Cabanas, modalidade dependencia.
  5. Expediente de modificación de créditos 1/2021, na modalidade de crédito extraordinario.
  6. Informes de presidencia
    1. Resolucións da alcaldía.
  7. Mocións de urxencia
    1. Aplicación inmediata das bonificacións da AP9 (Grupo Popular)
    2. Inmatriculacións de bens pola Igrexa Católica no termo municipal de Cabanas (Grupo Mixto)
    3. Transferencia da AP9 a Galiza (Grupo BNG)
  8. Rogos e preguntas

O pleno celebrarase de xeito telemático, e poderase seguir en streaming a través das redes sociais do Concello de Cabanas.

Share.

.