Convocada sesión ordinaria do Pleno da Corporación a realizar o 27 de xaneiro ás 19.30h no Salón de Plenos.
Contará coa seguinte orde do día.
- Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
- Solicitude POS+ Adicional 1/2021, para gastos sociais extraordinarios, da Deputación Provincial da Coruña.
- Solicitude Plan Provincial de Cooperación a´s Obras e Servizos de Competencia Municipal, Plan Único de Concellos, POS+ 2021, da Deputación Provincial da Coruña.
- Informes da Presidencia. Resolucións da Alcaldía.
- Mocións de urxencia.
- Rogos e preguntas.
Debido á situación sanitaria, o pleno celebrarase telematicamente. En calquera caso, a sesión poderá ser seguida por streaming a través da Internet.