Convocada sesión ordinaria do Pleno da Corporación, a realizar o mércores, 24 de novembro, ás 19.30 horas.
Contará coa seguinte orde do día:
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
- Proposta aprobación Ordenanza Normalización Lingüística do Concello de Cabanas.
- Expediente modificación de creditos, crédito extraordinario financiado con remamente líquido de tesourería, 30/2021.
- Informes da Presidencia.
- Resolucións da Alcaldía.
- Mocións de urxencia.
- Rogos e preguntas.
O pleno celebrarase de xeito telemático, podéndose seguir en streaming a través das redes sociais do Concello de Cabanas.