Convocatoria de elección de xuíz/a de paz e substituto/a

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que o BOP publica hoxe as convocatorias para a elección dos postos de Xuíz/a de Paz titular e de Xuíz/a de Paz substituto/a deste municipio.

As persoas interesadas en formar parte deste proceso poden presentar as súas candidaturas até o luns 3 de maio no Rexistro Xeral do Concello de Cabanas, en horario de 09.00 a 14.00h, ou de calquera dos xeitos previstos na Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

As solicitudes presentadas dentro do prazo establecido someteranse á consideración do Pleno do Concello, na primeira sesión que celebre, para a elección da persoa idónea de entre as interesadas, co quórum de maioría absoluta dos seus membros.

Descarga | Convocatoria Xuíz/a de Paz | Convocatoria Xuíz/a de Paz substituto/a

Share.

Comments are closed.