Domingo, Xaneiro 23

Convocatoria de axudas ao estudo para o curso 2021 – 2022

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de educación, informa da convocatoria de axudas ao estudo para o curso 2021 – 2022, dirixidas ao estudantado dos niveis obrigatorio e non obrigatorio matriculado en centros sostidos con fondos públicos que cumpran os requirimentos establecidos nas bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

As cantidades subvencionábeis ascenden a un máximo de 75 € para educación infantil, até 100 € en primaria, até 150 € en secundaria e bacharelato e até 175 € para o estudantado de ciclos de formación profesional, universidade ou centros de educación especial.

A concelleira de educación, Diana Rodríguez sinalou que “estas axudas reafirman o compromiso do goberno local coas familias e o acceso a unha educación de calidade”

Tal e como se establece na convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles desde a súa publicación no BOP deste luns, 29 de novembro

Máis información | BOP (extracto) | Bases axudas | Impreso solicitude | Declaración responsábel

Share.

Comments are closed.