Xoves, Outubro 10

Constitúese o Consello de Participación Veciñal de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Onte á tardiña tivo lugar a sesión constitutiva do Consello de Participación Veciñal (CPV) de Cabanas, un órgano consultivo que nace ao abeiro do Regulamento de Participación Veciñal posto en marcha pola área de participación veciñal do Concello de Cabanas.

Este organismo ten como finalidade presentar iniciativas, propostas e suxestións ao Concello, así como estudar os orzamentos municipais e outros asuntos de especial importancia antes da súa aprobación polo pleno, e está composto por unha representación do Concello (concelleiro de participación que exerce a Presidencia, concelleira de asociacionismo e unha funcionaria municipal que exerce a secretaría), un/ha representante de cada entidade ou asociación inscrita no rexistro municipal e un/ha membro de cada grupo ou partido político con representación.

Nesta primeira sesión abordáronse as competencias e o modo de funcionamento do organismo, e as entidades puideron formular algunhas das súas preocupacións e inquedanzas nunha quenda aberta de intervencións.

“Coa posta en marcha do Consello de Participación Veciñal, Cabanas dá un importante paso cara unha Administración máis aberta, próxima e participativa, no que se ten en conta permanentemente a iniciativa popular”, sinalou o tenente alcalde e presidente do CPV, Iago Varela.

Share.

Comments are closed.