sábado, noviembre 2

Confirmado o primeiro caso de coronavirus no CEIP Eladia Mariño

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O mapa de niveis de alerta por coronavirus, única fonte de información oficial que temos do estado da pandemia por concellos, confirma que Cabanas continúa un día máis en nivel 0 de alerta (< 7 casos novos confirmados na última semana). Porén, a situación na comarca é moi preocupante.

Informamos tamén de que vén de confirmarse un caso positivo no CEIP Eladia Mariño. O Concello púxose a disposición da dirección do centro para atender calquera necesidade derivada desta situación.

Desde o Concello de Cabanas esperamos unha pronta recuperación de todas as persoas afectadas, e pedimos á veciñanza que extreme as precaucións ante o aumento de contaxios na comarca, e lembramos a importancia de seguir as recomendacións sanitarias establecidas polas autoridades competentes. Tamén lembramos a disposición do Concello para atender calquera necesidade da veciñanza derivada desta situación.

Share.

.