Concurso de viñetas “Moito por cambiar”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Deputación da Coruña, no marco da campaña #OitoM posta en marcha desde a área de Igualdade, na que tamén participa o Concello de Cabanas, informa da celebración do certame de viñetas 2021 “Moito por cambiar”.

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para que o alumnado reflexione sobre os efectos e impactos da COVID-19 no conxunto da sociedade, especialmente no relativo a sustentabilidade da vida que reclama novas demandas sociais e cambia as prioridades, e cómo éstas inflúen de forma desigual na vida das mulleres.

Temática

  • O factor multiplicador da COVID-19 na precariedade laboral, feminización da pobreza, das necesidades de coidados ao longo da vida, dos efectos negativos sobre a saúde física e o benestar emocional, das violencias machistas.
  • A transversalidade e a interseccionalidade. A actual crise sanitaria por mor da COVID-19 fainos reflexionar sobre as desigualdades de xénero ante as novas demandas e prioridades. Esta reflexión podemos facela desde un enfoque
    transversal e interseccional analizando como son os efectos nas mulleres tendo en conta a idade, etnia, xénero, diversidade sexual, discapacidade, clase social, etc.
  •  A investigación de como as medidas acordadas para a contención da crise sanitaria poden ser causantes de consecuencias económicas e sociais que afectan de forma desigual aos homes e as mulleres. Podemos analizar os efectos nos sectores produtivos feminizados, o impacto do confinamento a nivel produtivo, persoal ou familiar, indagando sobre o sistema e sobrecarga dos coidados, a corresponsabilidade, as consecuencias no desemprego feminino, o sistema sanitario, a fenda salarial, a conciliación ou desde o cuestionamento e efectos do teletraballo, entre outros.
  • Visibilización e recoñecemento do papel das mulleres no desenvolvemento económico e social nesta pandemia, analizando a súa actuación desde a primeira liña.
  • Propostas de cambios e transformación social na vida das mulleres e homes, a dignificación dos traballos esenciais para a vida, as redes de axuda, os grupos de apoio social, etc.

Categorías

Poderase participar en dúas categorías:

CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos).

Outorgaranse primeiro, segundo e terceiro premio.

  • Primeiro premio: consistirá nun iPAD e unha colección de cómics.
  • Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.

CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos).

Outorgarase primeiro,segundo e terceiro premio.

  • Primeiro premio: consistirá nun iPAD e unha colección de cómics.
  • Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.

Prazo

Até 26 abril de 2021

Bases | BOP 2021_0000001975.pdf (dacoruna.gal)

Share.

Comments are closed.