O Concello de Cabanas, a través da área de infraestruturas, informa de que veñen de concluír os traballos de reparación de varios viais municipais, cun investimento total de 74.537,32 euros con cargo ao programa POS+2020 da Deputación da Coruña.
As actuacións foron executadas en varios puntos do termo municipal, e serviron para mellorar a capa de rodaxe, a apertura de gabias e o pintado de sinalización horizontal nos camiños de Lavandeira, Xicos e Barreiras. Doutra banda, na Travesía da Barrosa realizouse a pavimentación dun tramo de 25 metros.
“Desde o Concello de Cabanas seguiremos avanzando na mellora dos camiños municipais en próximas actuacións”, sinalou a concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, quen tamén puxo en valor os traballos concluídos, que “solucionan os problemas de seguridade que tiñan estes camiños polo mal estado do firme”.
Algunhas imaxes das actuacións: