viernes, diciembre 13

Conclúen os traballos de recuperación de recursos naturais e de arquitectura tradicional en Soaserra

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de medio Ambiente, vén de rematar os traballos de recuperación de recursos naturais e de arquitectura tradicional na parroquia de Soaserra, unha actuación desenvolvida en dúas fases.

A segunda fase, que vén de concluír, serviu para restaurar a fonte de Cerdeiras e recuperar o seu caudal, así como tamén para levar a cabo labores de limpeza e acondicionamento no entorno do lavadoiro e fonte de Soaserra, incluíndo a recuperación dunha ponte de madeira.

Complétanse así os traballos desenvolvidos o pasado outono na primeira fase, cando se recuperou unha parcela abandonada para a creación dunha área de lecer con bancos para o esparcemento da veciñanza.

“Estas actuacións permiten pór en valor o patrimonio local, coa restauración de fontes tradicionais, a creación de espazos de lecer e a mellora da seguridade na ponte do camiño que une Igrexario con Xabariz, incluído na nova ruta de acceso a Caaveiro desde Soaserra”, sinalou o tenente alcalde e responsábel de medio ambiente, Iago Varela.

As actuacións previstas supoñen un investimento de 15.766,91 €, e están vencelladas ás axudas a investimentos non produtivos para a realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos Parques Naturais de Galiza.

Algunhas imaxes das actuacións:

Share.

.