O Concello de Cabanas concluíu esta mañá a instalación dun peche de protección no Camiño das Modias, que soluciona o problema de seguridade que existía na zona desde hai tempo.
Para a realización dos traballos empregouse fundamentalmente madeira, un material que encaixa co entorno do camiño, nas proximidades do río.
A continuación pódese ver unha imaxe do resultado da actuación, e tamén a situación na que e atopaba anteriormente.

Peche realizado no Camiño das Modias

Situación anterior do Camiño das Modias