Sábado, Xullo 31

Conclúe o primeiro semestre do programa Envellecemento Activo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas celebrou nos últimos días diversas xuntanzas parroquias de pequeno formato como peche do primeiro semestre do programa Envellecemento Activo, celebrado a distancia por mor da situación sanitaria derivada da epidemia da COVID-19.

Deste modo, as persoas participantes neste obradoiro, que durante semanas estiveron desenvolvendo as actividades nas súas casas a través dos cadernos elaborados pola Cooperativa Rexenerando para a ocasión, puideron reencontrarse nos encontros celebrados en Laraxe, Porto e Soaserra.

Nestas xuntanzas, celebradas nun ambiente distendido, as participantes valoraron positivamente as actividades propostas, que describiron como “un apoio para manterse máis activas, física e mentalmente, ao verse obrigadas a pasar máis tempo na casa”, o que lles serviu para mellorar o seu benestar xeral.

A concelleira de servizos sociais, Diana Rodríguez, fixo entrega nestes encontros dos diplomas ás participantes nos obradoiros, e manifestou que á volta do verán, e sempre e cando a situación o permita, “tentarase recuperar a presencialidade das sesións, xa que todas manifestaron a necesidade de xuntarse de novo”.

Share.

Comments are closed.