Sábado, Outubro 23

Concesión do obradoiro de emprego Reinicia VIII

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, xunto cos de Ares, Mugardos e Fene, recibiron a concesión da nova convocatoria do obradoiro de emprego dual “Reinicia”, coa que será a oitava edición deste programa destinado a mellorar a empregabilidade das persoas participantes. O Reinicia VIII repetirá o número de prazas dispoñíbeis, con 10 para a atención sociosanitaria a persoas no domicilio e outras 10 sobre actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

A programación comezará o 15 de outubro deste ano e extenderase até o 14 de xullo de 2022, partindo dun orzamento aproximado de 350.000 euros. Coma aconteceu co anterior obradoiro, tamén se contemplan subvencións á contratación por valor de 7.500 euros para aquelas empresas que decidan incorporar a algunha das alumnas – traballadoras do Reinicia VIII.

Para poder incribirse ao programa, é preciso atoparse en situación de desemprego, ser maior de 18 anos e estar empadroado ou empadroada nalgún dos concellos promotores. Así mesmo, tamén se precisará ter inscrición como demandante no Servizo Público de Emprego de Galiza (SPEG), a quen se lle solicitará unha listaxe de potencias participantes que cumpran cos perfís aos que se dirixe a formación.

De feito, é esencial que as persoas interesadas estean anotadas cos códigos de referencia para as especialidades do obradoiro: SSCS0108 para Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e AGAR0309 para as Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O proceso de inscrición neste obradoiro comezará nas próximas semanas.

Logo da selección, o Reinicia VIII proporcionará durante 9 meses sesións de capacitación teórica e práctica en entornos reais de traballo, ademais de contratos de formación e aprendizaxe en empresas, habilitando períodos de prácticas finais, e a obtención do certificado de profesionalidade.

Share.

Comments are closed.