Concerto didáctico este sábado en Cabanas con “Os Merlos do amencer”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +
O Concello de Cabanas programou para este sábado o concerto didáctico “Os Merlos do amencer”, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística. Será ás 12h no Salón de Plenos da Casa do Concello.
Senén Vaamonde, acompañado dos músicos Manuel Dopico e Alfredo Dourado (A Roda) presenta este concerto didáctico que reúne dúas figuras representativas da música e literatura galegas, Suso Vaamonde e Celso Emilio Ferreiro.
“A actividade está pensada para desfrutar en familia”, sinalou a concelleira de normalización lingüística Paula González, quen animou á veciñanza a participar nesta actividade de acceso libre até completar o aforo.
Share.

Comments are closed.