Sábado, Abril 20

Concerto de Nadal do Coro Diapasón en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Coro Diapasón protagonizará o Concerto de Nadal do Concello de Cabanas, unha actuación que terá lugar o venres 17 de decembro, ás 19h no Salón de Plenos.

As persoas interesadas en participar deberán reservar a súa praza a través do correo cultura@cabanas.gal até as 14.00h do xoves 16 de decembro, indicando o seu nome e apelidos, número de teléfono e localidade de procedencia. No caso de quedar prazas libres, permitirase o acceso libre até completar o aforo.

Esta actuación conta con financiamento da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.