Martes, Novembro 30

Concerto de “Migallas Teatro” para amenizar o magosto do CEIP Eladia Mariño

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de educación, colabora co CEIP Eladia Mariño para amenizar o magosto que terá lugar este venres, 12 de novembro, nas instalacións do centro educativo. Será unha xornada dirixida ás e aos escolares.

A actuación correrá a cargo de Migallas Teatro, baixo o título  “Merenda con pan de millo”, un espectáculo baseado no libro – disco “Pan de millo”. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. Os temas musicais que se interpretarán son “Pinocho”, “Pan de millo”, “O piollo e a pulga”, “Unha vella tiña un can”, “Que cousa, cousiñá é?” e “Abuela Manuela”. A música está gravada (toca unha banda de pulgas), mais as voces solistas son en vivo.

 

 

Share.

Comments are closed.