Sábado, Agosto 20

Concentración en defensa do transporte público o próximo mércores 20 de xullo diante da Casa do Concello

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas convoca, xunto con outros concellos da comarca, a unha concentración simultánea en defensa do transporte público, o próximo mércores 20 de xullo diante da Casa do Concello de Cabanas, cunha lectura de manifesto a partir das 20.30 horas.

Esta concentración dá continuidade ao esforzo do Concello de Cabanas e outros concellos da volta, promovendo distintas iniciativas para reclamar á Xunta melloras no servizo de transporte. Entre as queixas das ususarias inclúense o incumprimento e supresión de rutas e frecuencias, os cambios de horario ou a carencia de reforzos nas paradas de maior demanda, entre outras.

Ademais do Concello de Cabanas, impulsan esta iniciativa os concellos de A Capela, As Pontes, Ares, Fene, Ferrol, Miño, Monfero, Narón, Neda e Pontedeume.

Share.

Comments are closed.