domingo, febrero 15

COMEZO DAS OBRAS DA MELLORA AMBIENTAL E DIXITAL DO PIÑEIRAL DA MADALENA

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

Nestes días comezaron as obras da «Mellora ambiental e dixital do Piñeiral da Madalena e da súa contorna», por un importe de 498.872,22€ (IVE engadido).

A actuación, financiada con fondos europeos, reformará e actualizará a caseta de socorrismo, incorporando entre outros, paneis fotovoltaicos na mesma. Tamén inclúe un novo sistema de megafonía para a zona, así como pantallas dixitais informativas ao longo do Paseo Marítimo.

Estas obras tamén melloran o tránsito peonil no Piñeiral, mellorando a súa accesibilidade con actualizacións nas pasarelas de madeira e incorporando puntos de luz nas mesmas.

Tamén está previsto un embelecemento da contorna mediante a colocación cubre contedores, mellorando a imaxe do lugar. Así como instalarase un control por barreira de acceso de vehículos ao Piñeiral.

As obras tamén incorporan a delimitación dunar para a protección da ave «Píllara das Dunas», asegurando así o seu hábitat. E por último o saneamento e reforestación de diversas árbores do Piñeiral con novas plantacións.

[ES]

En estos días comenzaron las obras de la «Mejora ambiental y digital del Pinar de la Magdalena y de su entorno», por un importe de 498.872,22€ (IVA añadido).

La actuación, financiada con fondos europeos, reformará y actualizará el puesto de socorrismo, incorporando entre otros, paneles fotovoltaicos en la misma. También incluye un nuevo sistema de megafonía para la zona, así como pantallas digitales informativas a lo largo del Paseo Marítimo.

Estas obras también mejoran el tránsito peatonal en el Pinar, mejorando su accesibilidad con actualizaciones en las pasarelas de madera e incorporando puntos de luz en las mismas.

También está previsto un embellecimiento del entorno mediante la colocación cubre contenedores, mejorando la imagen del lugar. Así como se instalará un control por barrera de acceso de vehículos al Pinar.

Las obras también incorporan la delimitación dunar para la protección de la ave «Píllara de las Dunas», asegurando así su hábitat. Y por último el saneamiento y reforestación de diversos árboles del Pinar con nuevas plantaciones.

Share.

.