O Concello de Cabanas, a través da área de infraestruturas, anuncia que no día de onte comezaron os traballos de reparación de camiños financiadas co Plan de Obras e Servizos (POS+ 2020) da Deputación da Coruña, cun importe de execución de 74.537,32 €.
Nesta actuación mellorarase o firme do camiño entre Lavandeira e Xicos, ademais de Barreiras e a Travesía da Barrosa. Ademais, nos próximos días adxudicaranse as obras do POS+ 2019 Adicional, coas que se repararán o Camiño do Rolo e Camiño do Muíño.
A concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, destacou o esforzo realizado desde a área para «ir mellorando o estado dos camiños, tanto con traballos de reparación do firme como eliminando fochancas en varios viais municipais».
Desde o Concello de Cabanas pedimos disculpas polas molestias que poidan causar estes traballos.