Sábado, Abril 20

Comezan os talleres de empoderamento feminino EspadELA

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Onte á tarde deron comezo os talleres de empoderamento feminino EspadELA, no que participan oito mulleres do noso rural, xa que un dos obxectivos deste proxecto é crear espazos de traballo no plano persoal que melloren as condicións de vida das mulleres do rural, coa intención de que estas mudanzas poidan españñarse e compartirse nunha rede de sororidade e recoñecemento feminino.

A través de catro talleres (Con voz propia, Enredadas, Habitando o noso corpo, Saberes en común), as mulleres participantes poderán tomar conciencia da estrutura partiarcal da nosa sociedade, da importancia da organización e da participación na comunidade a través do asociacionismo e das ferramentas dixitais oa noso alcance.

A actividade está organizada pola Concellaría de Igualdade, en colaboración coa Cooperativa Arabías e o Sindicato Labrego Galego, e conta co financiamento da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.