Comezan as obras de mellora dos camiños do Pereiro e do Rolo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de infraestruturas, informa do inicio dos traballos de mellora nos camiños de Pereiro (entre a N-651 e A Rubada) e do Rolo (desde o entorno do Centro Recreativo ao Cruce do Batán).

No Camiño do Pereiro as actuacións consistirán na mellora da capa de rodaxe e limpeza de gabias nun treito de 450 metros, así como no pintado das liñas de bordo e sinalización horizontal, mentres que no camiño do Rolo mellorarase o firme en 335 metros. Ademais, anchearase un treito do camiño, no que tamén se executará un muro de contención do noiro, e se colocarán redes de abastecemento.

O importe das actuacións ascende a 44.770 euros, que serán financiados con cargo ao Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, POS+2021, da Deputación da Coruña.

“Nos próximos días comezarán as obras de mellora do firme en Corredoira da Igrexa e Camiño do Río”, sinalou a concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, quen tamén avanzou que o goberno municipal sacará a licitación varios proxectos xa aprobados en canto se reciban as autorizacións sectoriais pertinentes.

Share.

Comments are closed.