Sábado, Abril 20

Comezan as obras de mellora da capa de rodaxe entre o Día Oito e Cemiterio do Peteiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de infraestruturas do Concello de Cabanas informa do inicio das obras do proxecto de mellora da capa de rodaxe entre o Día Oito e o Cemiterio do Peteiro.

A actuación divídese en dous treitos, un primeiro de 540 metros e un ancho medio de 6,5 metros; e un segundo treito de 750 metros, aos que se suman outros 150 metros de abánicos. En todos eles aplicarase un bacheo previo á aplicación dun tratamento asfáltico semiprofundo.

A obra tamén contempla a apertura e limpeza de gabias, así como a limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e símbolos, e a colocación dun sinal de STOP.

A concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez avaliou esta actuación como “moi urxente e necesaria”, dado o estado de deterioro que presenta nalgúns treitos o camiño na actualidade. Ademais, indicou que esta obra enmárcase dentro dos plans de mellora do firme en camiños municipais posto en marcha polo goberno de Cabanas.

As actuacións foron adxudicadas por 81.312 €, que serán financiados con cargo ao Plan Provincial de Cooperacións ás obras e servizos de competencia municipal, POS+2022 (Plan Complementario) da Deputación Provincial da Coruña.

Share.

Comments are closed.