Sábado, Agosto 20

Comeza a instalación de novos colectores de envases

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de servizos do Concello de Cabanas iniciou esta semana a instalación de novos colectores amarelos, grazas ao convenio formado entre o ente municipal e a entidade sen ánimo de lucro Ecoembes.

A concelleira de servizos, Eva García, asegurou que este convenio permite “reforzar a recollida e reciclaxe nas zonas de maior saturación de cara o verán”.

Desde o Concello lémbrase que os colectores amarelos son os destinados a depositar envases de plástico, latas e briks, unha fracción que se viu incrementada durante a pandemia. Entre os residuos máis habituais que se poden introducir neste colector están as botellas de plástico, latas de conserva e bebidas, tapas e tapóns de plástico, metal e chapas, bandexas de aluminio, papel film e papel aluminio, aerosois, botes de desodorante, bolsas de plástico (agás as do lixo), botes e tapas de iogur, briks (leite, zumes, sopas…), bandexas alimenticias ou tubos de pasta de dentes.

Share.

Comments are closed.