Sábado, Agosto 20

Comeza a funcionar o servizo de socorrismo na Praia da Madalena

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas anuncia a posta en marcha do servizo de socorrismo na Praia da Madalena, que funcionará de mércores a domingo en horario de 12 a 20 horas, e contará inicialmente con dous traballadores.

A escaseza de socorristas impediu ao Concello de Cabanas iniciar antes este servizo, xa que as convocatorias para cubrir as seis prazas ofertadas polo Concello de Cabanas quedaron vacantes. “Seguimos traballando na busca de profesionais que nos permitan ampliar o servizo para poder ofrecelo todos os días da semana”, sinalou o alcalde, Carlos Ladra.

Share.

Comments are closed.