Xoves, Outubro 10

Cinema ao aire libre coa proxección do filme “Quen a ferro mata”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Este domingo, 9 de agosto, ás 22.30h, recuperamos a sesión de cinema ao aire libre coa proxección do filme “Quen a ferro mata”, un pase que tivo que ser adiado a semana pasada por mor da previsión meteorolóxica.

As persoas interesadas en acudir a esta sesión de cinema ao aire libre, que se desenvolverá cumprindo todas as medidas de seguridade en canto a distancias e control de temperatura, deben anotarse previamente chamando ao 981 495 959 (ext. 3) antes das 14 horas deste xoves 6 de xullo.

O filme, recomendado para maiores de 16 anos, está protagonizado por Luis Tosar, e conta a historia de Mario, un home exemplar, que vive nunha vila da costa galega. Mario traballa nunah residencia de anciáns, onde é apreciado por todo o mundo. Cando o narco máis coñecido da zona, Antonio Padín, recén saído do caldeiro, ingresa na residencia, Mario cóidao como a un máis, pero os fillos de Padín – agora a cargo do negocio familiar – queren que o enfermeiro convenza ao seu pai para que pague unha débede que contraeron cuns narcos de Colombia ao fracasar unha operación.

Esta activdiade inclúese dentro do Programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.