Campus de balonmán en Cabanas durante o mes de setembro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Club Balonmán Pontedeume, en colaboración co Concello de Cabanas, organiza o Campus Concilia Balonmán, un espazo destinado a nenas e nenos nados entre 2011 e 2016, que ten como obxectivo iniciar ás crianzas neste deporte.

A actividade desenvolverase entre o 12 e o 30 de setembro, en horario de 15.30 a 17.00h no Pavillón do CEIP Eladia Mariño, en Porto, e non ten custe para as persoas participantes, xa que se trata dunha actividade financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

As persoas interesadas en participar  poden informarse chamando aos teléfonos 633 970 696 ou 633 524 835.

Share.

Comments are closed.