Campus Concilia Balonmán para nenas e nenos de 6 a 13 anos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de deporte, colabora co Club de Balonmán de Pontedeume no Campus Concilia Balonmán, unha actividade destinada a nenas e nenos de 6 a 13 anos que se levará a cabo os días 23, 27, 28, 29 e 30 de xuño, en horario de 9.30 a 13.30 horas no Pavillón de San Martiño do Porto.

A actividade é gratuíta, xa que está financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte, e para participar é necesario enviar un correo electrónico a deporte@cabanas.gal indicando nome e apelidos e data de nacemento da nena ou neno, ademais dun teléfono de contacto.

 

Share.

Comments are closed.