Campionato de Kaiak de Mar en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de deportes, organiza en colaboración co Club KDM a Regata de Kaiak de Mar de Cabanas, que terá lugar na Praia da Madalena este domingo, 8 de agosto.

Durante a xornada de mañá terá lugar o Campionato Galego de Infantís de Kaiak de Mar, e xa pola tarde será a quenda das categorías sénior, júnior e veteranos tradicionais na primeira saída, e dos cadetes e SUP na segunda.

“Coa celebración desta regata Cabanas segue a consolidarse como o escenario axeitado para o desenvolvemento de probas deportivas, nomeadamente do kaiak de mar, grazas á súa privilexiada situación”, sinalaron fontes municipais.

As persoas participantes, chegadas de distintos puntos do país, xogaranse a Copa Galicia e os trofeos do Campionato Galego de Infantís.

Share.

Comments are closed.