No día de onte tivo lugar no antigo campo de fútbol da Madalena unha xornada de billarda organizada pola Liga Atlántica de Billarda 20-21, en colaboración coa área de deportes do Concello de Cabanas. No campionato participaron persoas de diversas idades, repartíndose premios nas categorías absoluta, feminina e infantil.
Participaron na entrega de premios o alcalde e responsábel da área de deportes, Carlos Ladra, e a animadora cultural, María López.
