Sábado, Abril 20

Campaña de doazón de sangue o xoves en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da presenza no noso concello do autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) o próximo xoves, 26 de xaneiro, en horario de 16.00 a 21.00 horas. Como vén sendo habitual, estará situado no aparcadoiro fronte á farmacia, nas inmediacións da Oficina de Turismo.

Para poder doar é necesario cumprir algunhas condicións, como ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e non acudir en xaxún.

Cada día, os hospitais de Galiza precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.800 urxencias, 575 intervencións cirúrxicas e 1 transplante de órganos, polo que se fai necesaria a implicación e colaboración de todas para poder acadar as doazóns diarias necesarias para atender a milleiros de doentes.

 

Share.

Comments are closed.