Campaña de doazón de sangue o próximo mércores en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que o autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase a Cabanas o vindeiro mércores, 31 de marzo, en horario de 10 a 14.30h pola mañá e de 16.00 a 21.00h, en horario de tarde. Estará situado no aparcadoiro fronte á farmacia, nas inmediacións da Oficina de Turismo.

As persoas que desexen doar sangue deben solicitar cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828. É preciso ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e acudir co almorzo feito. Así mesmo, tamén se require a presentación do DNI, a tarxeta de doazón ou un documento identificativo semellante.

Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.800 urxencias, 575 intervencións cirúrxicas e 1 transplante de órganos, polo que a colaboración é fundamental para acadar as doazóns diarias precisas para axudar a milleiros de doentes.

 

Share.

Comments are closed.