Campaña de doazón de sangue o próximo luns en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da presenza no noso concello do autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) o próximo luns, 29 de xaneiro, en horario de 10.00 a 14.30h á mañá, e de 16.00 a 21.00 h á tarde. Como vén sendo habitual, a unidade móbil da ADOS estará situada no aparcadoiro fronte á farmacia, nas inmediacións da Oficina de Turismo.

Desde a Axencia de doazón lembran que para poder doar é necesario cumprir algunhas condicións, como ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e non acudir en xaxún. Ademais, segue sendo preciso o uso de máscara no interior do mesmo.

Cada día os hospitais de Galiza precisan entre 400 – 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.800 urxencias, 575 intervencións cirúrxicas e 1 transplante de órganos, polo que se fai necesaria a implicación e colaboración de todas para poder acadar as doazóns diarias necesarias para atender a milleiros de doentes.

Share.

Comments are closed.