Campaña de doazón de sangue en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que este sábado 16 de maio, entre as 10 e as 15 horas, a unidade móbil da Axencia de Doazón de Sangue visitará o concello para que todas aquelas persoas interesadas poidan doar.

A unidade móbil situarase na ubicación habitual, no Parque do Areal (fronte a farmacia), e desde o Concello recomendan, para unha maior seguridade, pedir cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828.

Par poder doar sangue é preciso almorzar, e gardar algún tempo, ademais de achegar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún outro documento acreditativo, así como un informe médico se se está a tomar algún medicamento.

Share.

Comments are closed.