Campamentos de verán «Cabanas Concilia»

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

Cabanas informa que a vindeira semana comeza o prazo para inscribirse nos campamentos de verán organizados polo Concello «Cabanas Concilia».

Dentro do programa, haberá o campamento deportivo para nenos/as de máis de 12 anos; e o campamento urbano, para nenos/as de 4 a 12 anos.

O horario será de 9h a 14.30h e valorarase o servizo de conciliación de 8h a 15h de ser preciso. O custe é de 45€ a quincena e 60€ o mes completo.

Teñen preferencia as familias empadroadas en Cabanas, en segundo lugar o alumnado do CEIP Eladia Mariño non empadroado, e en terceiro lugar as familias non empadroadas e non sexan alumando do CEIP Eladia Mariño.

O prazo de inscrición comeza este luns 12 ata o 14 para familias empadroadas, do día 15 ao 16 para alumnado do CEIP Eladia Mariño non empadroado, e os días 19 e 20 para familias non empadroadas e que non son alumnado do CEIP Eladia Mariño.

Para solicitar praza deberase achegar a seguinte documentación:

  • Solicitude de participación (unha por cada neno/a).
  • Copia do DNI da persoa proxenitora.
  • Copia do DNI ou partida de nacemento do neno/a participante (ou libro de familia).
  • Copia da tarxeta sanitaria do neno/a participante.
  • Xustificante de matricula do CEIP Eladia Mariño en caso de non ter empadroamento no Concello de Cabanas
  • Xustificación da necesidade de conciliación, se corresponde (Vida laboral , cabeceira de nómina, xustificantes de empresa, etc.).

Publicarase a lista de solicitudes admitidas e excluídas no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, concedendo un prazo de 10 días para a presentación de reclamacións.

As persoas que desexen máis información poden dirixirse ao 981 495 959, na extensión 6 ou 2 para o campamento urbano Cabanas Concilia, na extensión 3 para o campamento deportivo.

Ao final deste artigo atoparás o formulario de inscrición, a autorización de recollida e o regulamento dos campamentos.

[ES]

Cabanas informa que la próxima semana comienza el plazo para inscribirse en los campamentos de verano organizados por el Concello «Cabanas Concilia».

Dentro del programa, habrá el campamento deportivo para niños/as de más de 12 años; y el campamento urbano, para niños/as de 4 a 12 años.

El horario será de 9h a 14.30h y se valorará el servicio de conciliación de 8h a 15h de ser preciso. El coste es de 45€ la quincena y 60€ el mes completo.

Tienen preferencia las familias empadronadas en Cabanas, en segundo lugar el alumnado del CEIP Eladia Marino no empadronado, y en tercero lugar las familias no empadronadas y que no sean alumbrando del CEIP Eladia Marino.

El plazo de inscripción comienza este lunes 12 hasta el 14 para familias empadronadas, del día 15 al 16 para alumnado del CEIP Eladia Marino no empadronado, y los días 19 y 20 para familias no empadronadas y que no son alumnado del CEIP Eladia Marino.

Para solicitar plaza se debe entregar  la siguiente documentación:

  • Solicitud de participación (uno por cada niño/a).
  • Copia del DNI de la persona progenitora.
  • Copia del DNI o partida de nacimiento del niño/a (o libro de familia).
  • Copia de la tarjeta sanitaria del niño/a participante.
  • Justificante de matricula del CEIP Eladia Mariño en caso de no tener empadroamiento en el Concello de Cabanas
  • Justificación de la necesidad de conciliación, si corresponde (Vida laboral , cabecera de nómina, justificantes de empresa, etc.).

Se publicará la lista de solicitudes admitidas y excluídas en el tablón de anuncios del concello e la web municipal, concediendo un plazo de 10 días para la presentación de reclamaciones.

Las personas que deseen más información pueden dirigirse al 981 495 959, en la extensión 6 o 2 para el campamento urbano Cabanas Concilia, en la extensión 3 para el campamento deportivo.

Al final de este artículo encontrarás el formulario de inscripción, la autorización de recogida y el reglamento de los campamentos.

 

DESCARGA PDF |

Información familias Cabanas Concilia 2025

Informacion para familias Campamento deportivo 2025

Solicitude campamento deportivo-2025

Solicitude campamento urbano 2025

Autorización recollida

Share.

.