Cambios nas restricións pola COVID a partir deste venres

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que a partir das 00.00h do venres 19 de marzo hai cambios nas restricións aplicadas pola Xunta. Nesta publicación recóllense as principais novidades:

  • Mobilidade entre concellos. Permítese a mobilidade entre concellos galegos agás Vilardevós, Paradela e Maside, que contan cun nivel máis alto de restricións.
  • Peche perimetral galego. Non se pode entrar ou saír de Galicia agás por causa xustificada.
  • Horario de recollida. Mantense o horario de recollida nocturno, entre as 22.00 e as 06.00h.
  • Reunións de non convivintes. Hai cambios importantes, no relativo ás xuntanzas en domicilios.
    • En espazos públicos ao aire libre: máximo 6 persoas.
    • En espazos públicos en interiores: máximo 4 persoas.
    • En domicilios / espazos privados: non permitidas.
  • Hostalería: amplíase o horario de peche ás 21.00h. En canto aos aforos, no caso de Cabanas – que se atopa en nível baixo – quedan no 50% en interiores e 75 % en exteriores.

Máis información | DOG

Share.

.