Con motivo das obras de saneamento que executará Augas de Galicia no Paseo da Madalena para a instalación dun novo colector de máis capacidade que evite os problemas de saturación actuais, a circulación de vehículos verase afectada a partir do vindeiro luns 3 de maio.
Nunha primeira fase, o tramo afectado é o situado entre Super Pepucha e a Ermida da Madalena, polo que se efectuarán desvíos do tráfico de acordo coa imaxe.
As persoas residentes nas rúas afectadas continuarán a ter acceso ás súas vivendas durante as obras.